SALNÉS> Os da Illa perdían ó descanso pero foron quen de darlle á volta ó marcador (4-2) na segunda metade lierados por un gran Hugo Soto. O Vilalonga perdonoulle a vida ó Ordes (0-0). Na Preferente Sur destacou a victoria a domicilo do Sanxenxo.
O Vilalonga quedouse ás portas da victoria ante o Ordes, empate en San Pedro (0-0) nun partido repleto de ocasións no que dominaron ó prinicipio os visitantes pero que tralo descanso foi un auténtico monólogo dos celestes. Tan só a gran actuación do porteiro do Ordes, Ríos, e a mala sorte nalgunhas accións evitou a victoria dun Vilalonga que continúa en metade de táboa e dando moi boas sensacións.
Como gran imaxe deixou o Céltiga nun partidazo ante un claro candidato ó ascenso como o Ourense. 4-2 para os de Pablo Vázquez logo de remontar un marcador adverso na segunda parte. Os autores dos tantos: Manuel, Óscar Blanco e Hugo, que fixo dobrete. Un triunfo co que os da Illa se reivindican. Xa están a tres puntos do cuarto.
Na Preferente Sur, ademais do empate da Lomba o máis destacado da xornada foi a victoria do Sanxenxo a domicilio sobre o Gran Peña por 0-2 con tantos de Juan. Os de Calucho continúan coa súa escalada na xeral e xa levan cinco triunfos nos últimos seis encontros.
Ademais, o Cambados sacou un meritorio empate na súa visita ó sempre complicado campo do Barbadás co que igualou sen goles. Os de Carducho volveron a deixar unha moi boa imaxe completando un gran partido sobre todo no aspecto defensivo.
Por último e ó que peor lle están a ir as cousas dos representantes do Salnés é o Ribadumia que non puido na Senra co Choco co que perdeu por 1-2. Faltoulles sorte ós de Carducho que continúan en postos de descenso.
Redacción Salnés