Os seres extraordinarios de Pontevedra chegan ata o corazón de Fitur

PONTEVEDRA> Pontevedra desprázase a Fitur co seu corazón. Baixo a campaña Pontevedra de Corazón, o concello presentou a través dun vídeo que mestura seres extraordinarios coas paisaxes e eventos gastronómicos e culturais da boa vila. Acompañou a súa promoción coa caixa branca, un recipiente que inclúe numerosos segredos de todo o municipio de Pontevedra.

Pontevedra regresou a Fitur cunha presentación propia e fíxoo co seu corazón. A través da campaña Pontevedra de corazón, o concello mostrou aos presentes todas as posibilidades que ofrece a Boa Vila.

A presentación principal fíxose a través dun vídeo que mestura ós seres extraordinarios coas paisaxes e eventos culturais e gastronómicos da boa vila. Toda unha oferta turística para os visitantes. O regreso a Fitur supón un gran escaparate para unha vila tan visitada.

O concello tamén desvelou outra das súas sorpresas da campaña, o contido da súa caixa branca. Un recipiente composto polo libro do corazón, escrito por xornalistas e veciños de todo o municipio de Pontevedra, artigos promocionais e agasallos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí