O Olimpic amosa o seu potencial nunha gran exhibición

taekwondo250_250509.jpgVILAGARCÍA> Estes días os vilagarciáns desfrutaron das súas festas de Santa Rita. Un dos maiores eventos foi o que se puido seguir onte na explanada do Auditorio, onde o Club Olimpic de taekwondo realizou unha exhibición que se converteu nunha actuación multitudinaria.

A exhibición do Club Olimpic é xa un clásico dentro do programa de Festas de Santa Rita. Os taekwondistas vilagarciáns volveron a maravillar ós centos de persoas que se deron cita na explanada do Auditorio municipal.

Sobre o gran tatami colocado para a ocasión, puidose ver un auténtico espectáculo no que tomaron parte os máis de 300 deportistas adscritos ó Olimpic. Dirixidos por Miguel Cuevas, na primeira actuación participaron tódolos integrantes do club. Iniciáronse cuns exercicios básicos para logo ir dando paso ás diferentes categorías, dende os máis pequenos ata os adultos, que realizaron exhibicións de diferentes grados de dificultade acorde coa súa idade.

O momento máis agardado era sen dúbida a aparición en escena dos actuais campións de España de exhibición en categoría infantil, que non defraudaron. Completaron movementos de gran dificultade cunha coordinación colectiva asombrosa.

En total foron 14 os espectáculos nos que tamén participaron ximnasios de Caldas, Pontevedra e Cambados.

O Olimpic ven de asinar a mellor temporada das súas curta historia, xa que este ano cumpre o seu undécimo aniversario. Conta nas súas filas, ademais de cos campións nacionais, con taekwondistas que ostentan títulos autonómicos e participan en competicións internacionais.

Son o exemplo perfecto de que un deporte, a priori minoritario como o taekwondo, pode converterse nun referente social a base de dedicación e esforzo.

Redacción Salnés