Pérez Longo: ‘Deixei o Arosa porque Abalo é violento’

plantilla_deportesarosa.jpgVILAGARCÍA> O ex secretario do Arosa asegura que deixou o seu cargo polas maneiras dictatoriais do presidente e afirma que é unha persoa inestable, que lle garda rencor á directiva de Gómez.

{flowplayer}images/salnes/EX_SECRETARIO_AROSA.flv{/flowplayer}

Tal e como advertirá a pasada semana, o que foi secretario do Arosa ata a súa dimisión o pasado 1 de setembro, Ramón Pérez Longo, respondeu ó silenzo do presidente do club, Manuel Abalo. Tras requerirlle a Abalo unha explicación pública dos feitos, Pérez Longo, atribuíu onte a súa marcha da xestora arlequinada ás maneiras ditatoriais do presidente, a quen describe como unha persoa que perde o control de si mesma con suma facilidade, moi violenta e agresiva, con aires de grandeza e que non soporta que ninguén lle leve a contraria.

Pérez Longo sostén que foi o propio Manolo Abalo, quen lle pediu en reiteradas ocasións que se sumase no seu día á directiva que estaba a reunir a comezos do verán. Unha solicitude que di non comprender despois da sucesión de feitos que o terían empurrado á súa dimisión. O ex secretario, denuncia unha falta de apoio do mandatario nunha das primeiras xuntanzas da xestora, cando un dos membros recriminou o entón secretario o ingreso dos cinco mil euros da subvención da Deputación para cubrir parte do crédito solicitado polo ex presidente José Manuel Gómez. Un feito, que segundo Pérez Abalo non se acordaba, e que finalmente acabou recoñecendo.

Ramón Pérez tamén sinala a anarquía que reinaba nas reunión á hora de tratar os asuntos.

A gota que colmou o vaso produciuse o 1 de setembro. Segundo Pérez, Abalo chegou á oficina e recriminoulle que estivera aberta antes do seu horario, achegouse á súa cadeira e cos puños diante da cara gritoulle con tono ameazante que abandonara a oficina.

Pérez louva o labor que está a realizar a xestora de Abalo, pero afirma que se non cambia de actitude todo se pode ir a pique. Engade que o presidente garda tanto rencor á anterior directiva que non vai ser boa conselleira para o futuro.

O ex secretario afirma que con isto, quere por punto e final ó asunto.

Redacción Salnés