RIANXO> Está impulsada pola plataforma de arte público Viladomar, a través da asociación Ondiñas Mainas, e conta coa colaboración do Concello e as empresas Aluminios Cortizo e Pinturas Proa.
Despois do éxito dunha primeira edición, levada a cabo no verán de 2018, o Concello volve a implicarse co proxecto de intervención artística Viladomar. Neste caso serán catro artistas, tres muralistas: Iria Fafián, Sekone e Julia Gil, e un escultor, Tucho Abalo os que se están a encargar da realización das intervencións.
Está acción, impulsada pola plataforma de arte público Viladomar, a través da asociación Ondiñas Mainas, conta coa colaboración do Concello, que ve nela un xeito de mellorar a imaxe da vila, recuperando espazos ata o de agora degradados.
Os espazos elixidos nesta ocasión son dúas fachadas na rúa Arcos Moldes e na estrada de Rianxiño, e tamén na sede do CRA de Rianxo en Asados. Tódolos deseños gardan unha gran vinculación coa historia da vila.
As previsións pasan porque os diferentes proxectos, que xa van moi avanzados, estean rematados para este domingo. E a verdade é que xa hai ganas de velos resultados…