17 encontros fotográficos para visibilizar ás persoas con Trastorno do Espectro Autista

PONTEVEDRA> O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolle, dende hoxe, a mostra “Como me presento?”.  Unha exposición que pretende facer reflexionar á cidadanía sobre a identidade social das persoas con Trastorno do Espectro Autista. 17 encontros fotográficos que contaron coa participación de personaxes famosos como o actor Luís Tosar, o cociñeiro Pepe Solla ou a cantante Sés.

Facer visibles aos colectivos máis invisibles da sociedade. Ese é o obxectivo desta mostra. Como me presento? chega ao Café Moderno Afundación de Pontevedra para que á cidadanía se cuestione e reflexione sobre a forma en que se constrúe a identidade social das persoas diversas, como por exemplo das que teñen Trastorno do Espectro Autista.

Cun espazo íntimo e coa mensaxe clara de que a arte é unha ferramenta de igualdade, Esteban DelaIglesia e Manu Suárez fotografaron a 17 parellas formadas por personaxes famosos, como Luís Tosar, Pepe Solla ou Sés, e persoas ignoradas socialmente.

A exposición poderase visitar ata o vindeiro 13 de xullo en horario de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas e os sábados tamén pola mañá, de 11h a 14h. En total, 17 encontros fotográficos cos que se pretende fomentar a inclusión.