PROMOVER O AUTOCONSUMO

A Xunta de Galicia destinará 37 millóns de euros a promover as enerxías renovables, o autoconsumo e o almacenamento enerxético entre particulares, empresas, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas co obxectivo de mobilizar 98M€, favorecer aforros económicos de 10M€ ao ano e reducir as emisións anuais de CO2 en 33.100 toneladas, o equivalente a plantar 1.655.000 árbores.

Foto De Silueta De Dos Molinos De Viento Durante La Hora DoradaEn concreto, Galicia xa ten abertas as axudas que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo, así como o almacenamento no eido empresarial. En concreto, poden ser beneficiarios destas axudas as empresas, incluíndo as de servizos enerxéticos; os xestores de polígonos industriais; as persoas xurídicas ou agrupacións de empresas que realicen actividades económicas; as entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas; e comunidades enerxéticas locais.

As axudas están destinadas tanto ao sector servizos como para outros sectores produtivos para realizar proxectos de autoconsumo con enerxías renovables con ou sen almacenamento (preto de 17,2M€); e apoiarase o almacenamento en instalacións de autoconsumo existentes tanto no sector servizos como noutros sistemas produtivos con 2,6M€.

Con estas axudas, de concorrencia non competitiva e financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, prevese mobilizar 60 millóns de euros, conseguir aforros anuais de 65.000 MWh/ano, así como a redución de emisións de 23.000 toneladas de CO2 ao ano, equivalente á acción de 1.150.000 árbores, e aforros económicos anuais de 7M€ na factura eléctrica.

Por outra banda, destinaranse 11,5M€ para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas. Tamén de concorrencia non competitiva, a intensidade de axuda varía en función da instalación pero calcúlase que poida permitir aforros nas facturas enerxéticas de 2,6 millóns de euros ao ano e mobilizar 28 millóns en investimento. Fotos de stock gratuitas de de pie, electricistas, en pie

Por último, activarase unha convocatoria de renovables térmicas dirixida ao sector residencial para apoiar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica. Cunha dotación de preto de 5,7M€, a intensidade da axuda tamén é moi variable pero os apoios poden chegar aos 13.500 euros no caso de instalacións xeotérmicas de circuíto pechado. Con estas axudas agárdase mobilizar ao redor de 10M€ e aforros económicos de 500.000 euros ao ano.

Estas dúas últimas liñas abriranse ao longo do mes de decembro e as peticións de axuda presentaranse directamente polo solicitante, agás no caso de persoas físicas que non realicen actividades económicas ou unha comunidade de propietarios, que o farán a través de entidades colaboradoras.

A Xunta segue, pois, comprometida co impulso dunha Galicia máis verde, fomentando o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios -fogares, empresas e administracións- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica. Estes apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos dos beneficiarios, nun momento de continua escalada de prezos na factura da luz que teñen que pagar as familias e o tecido empresarial; ademais da creación de emprego, a reactivación económica e a mellora ambiental que repercute na calidade de vida da sociedade galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí