Os nenos e nenas da Illa bótanse as rúas para pedir unha esmola polos defuntiños

A ILLA> A Illa de Arousa recupera o seu tradicional día dos defuntiños. Nenos e nenas da vila recorreron as casas dos veciños para pedir unha esmola polos defuntos. Para recibir a súa recompensa, os máis pequenos teñen que dicir unha frase.

A Illa de Arousa recuperou, tras un ano de ausencia, o seu tradicional día dos defuntiños. Cada dous de novembro, nenos e nenas de todas as idades votáronse ás rúas da vila para pedir aos seus veciños unha esmola. Tras dicir a tradicional frase, os pequenos recibiron a súa recompensa.

Os nenos e nenas recorren as rúas acompañados dos seus pais ou nais. Veciños da Illa que agora gozan do día dos defuntiños a través dos seus fillos.

E non só os veciños premian aos máis pequenos. As panaderías da vila fan unhas bolas tradicionais e o resto de establecementos tamén reparten lambetadas.

Coas bolsas e mochilas cheas de lambetadas os máis pequenos remataron o día dos defuntiños, unha festa tradicional e especial na Illa que se mantén xeración tras xeración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí