VILAGARCÍA> A sorte sorrille ó Concello de Vilagarcía. A Lotaría nacional deixa nunha librería do barrio do Piñeiriño un primeiro premio. Vendéronse tres décimos, agraciados con 30.000 euros cada un. Esta non é a primeira vez que a fortuna fai parada neste establecemento.
No medio do material escolar, dos libros e dos dicionarios a fortuna topou un oco. A Lotaría Nacional tocou nesta librería de toda a vida do barrio do Piñeiriño en Vilagarcía. Isabel, que leva traballando neste local dende comezos dos anos 80, recibía hoxe a boa nova con enorme ledicia.
Isabel di descoñecer quen pode se-la persoa afortunada. Ao ser un barrio con moito movemento, polo negocio pasa moita xente, incluso doutras localidades próximas. O número premiado é o 36183, do que vendeu tres décimos. Con todo, non é a primeira vez que neste local reparten fortuna.
Este posto de lotarías pertencía ao pai de Isabel, que leva á súa fronte 27 anos. Toda unha vida do lado da sorte. O seu desexo é seguir repartindo cartos, soñando con que o gordo de Nadal ou da Lotaría do Neno caia aquí, quizáis este ano. Bromea dicindo que este ano por Reis ha caer porque xogan cun número que acaba en tres, a mesma terminación que a do premio que tocou onte.