Feijóo pide ampliar a busca dos desaparecidos do Villa de Pitanxo polo menos ’24 horas máis’

GALICIA> A suspensión da busca é para a Xunta ‘unha mala noticia’. O presidente galego pedía esta mañá amplia-lo dispositivo polo menos 24 horas máis. Feijóo insistía na necesidade dun último esforzo porque, dixo, aínda hai moitos corpos desaparecidos. Esa petición xa foi trasladada ao goberno central que, aínda que de entrada descataba pedir esa prórroga, ao mediodía indicaba que estaba en contacto co Canadá para aproveitar ‘calquera oportunidade’ por se se puidera retoma-la busca.

Con aínda 12 tripulantes do Villa de Pitanxo desaparecidos, o presidente da Xunta insistía esta mañá en amplia-la busca. Para Alberto Núñez Feijóo, a decisión de suspende-los rastrexos é ‘unha mala noticia’ .

O presidente galego pedía esta mañá amplia-lo dispositivo polo menos 24 horas máis. Unha petición que a Xunta xa lle trasladou ao goberno central para que medie coas autoridades do Canadá.

Entre tanto, no Canadá, agárdase que os barcos cos tres superviventes e os nove corpos recuperados cheguen mañá pola mañá ao porto de Saint John. Feijóo pide celeridade para que poidan volver á casa canto antes.

Segundo Salvamento marítimo, a chegada a porto está prevista para as 11 da mañá deste venres, hora galega. En concreto, o pesqueiro galego ‘Playa Menduiña Dos’ leva tres persoas con vida e seis corpos; o pesqueoiro portugués ‘Franca Morte’, un cuerpo; e o buque ‘Nexus’ con bandeira do Canadá, a dous dos falecidos recuperados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí