MADRID> O Vicepresidente Primeiro da Xunta fixo un balance máis que positivo da participación de Galicia en Fitur. Segundo el, na feira puido evidenciarse a potencia do sector turístico na nosa comunidade.
Rueda fixo alusión precisamente á importancia do Plan Xacobeo Next Generation presentado esta mañá en Fitur, para o que se contou tamén coa presenza do Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, que destinará máis de 39 millóns de euros para a reactivación do turismo neste novo Ano Santo.