Vilagarcía estréase como campus de verán da USC con tres cursos

cursosveranvilagarcia100_300507.jpgVILAGARCÍA > A Universidade de Santiago de Compostela celebrará tres cursos de verán en Vilagarcía e con esta ampliación …

… da súa oferta confirma á capital arousá como un dos seus campus de verán.

O accidente de Brenntag e a conseguinte crise pola falta de potabilidade na auga no Salnés é o punto de referencia dun dos cursos de verán que organiza a Universidade de Santiago en Vilagarcía. No mes de xullo, do 16 ó 20, falarase dos aspectos biosanitarios da xestión da auga doce. O curso, dirixido por Fernando Cobo, reunirá a expertos na materia que abordarán, entre outros aspectos, as distintas problemáticas existentes nas augas para o consumo.

Do 9 ó 11 de xullo analizarase o papel da investigación como unha das esferas da Universidade; e do 11 ó 14 diversos arquitectos, xeógrafos e sociólogos debaterán sobre as Cidades Históricas, renovación urbana e sustentabilidade. Estes tres cursos confirman a Vilagarcía como campus de verán da Universidade de Santiago. O prazo de matriculación nestes cursos de verán xa está aberto.

Redacción Salnés