NOIA> As instalacións do Hipermercado Eroski en Noia acollían esta mañá o acto de entrega do cheque de nove mil euros coa que a firma alimentaria galega contribúe ó financiamento do proxecto RE-Mar, que desenvolve a asociación Amicos, destinado á limpeza e coidado das praias e á educación ambiental.
Dende Eroski mostraron a súa satisfacción por seguir colaborando con Amicos e máis en este tipo de iniciativas.
Dende Amicos agradeceron a achega realizada, xa que lles permitirá poder seguir desenvolvendo o seu proxecto medioambiental.
Aproveitaron ademais o acto para proceder á renovación do convenio entre ambas entidades relativo ó programa integrado de emprego que permitiu insertar a unhas 53 persoas durante o primeiro semestre deste ano.