Poio diseña un proxecto para reformar a estrada e as beirarrúas da PO 308 dende a Barca a Porteliña

POIO> Poio presenta un proxecto para reformar a PO 308 dende a rotonda da Barca ata a Portela. O proxecto inclúe a renovación das beirarrúas, da estradas e dos servizos. O custo do proxecto roldaría os 4 millóns de euros e o concello buscará o apoio da Xunta para poder levalo a cabo.

O concello de Poio presentou un proxecto para converter a PO 308 nunha estrada máis segura para peóns e vehículos. O plan actuaría sobre preto de 2 quilómetros de estrada, dende a rotonda da Barca ata a Porteliña.

A actuación non só suporía a mellorada da estrada, se non que se aproveitaría para mellorar todos os servizos da zona.

A previsión do concello de Poio é que o proxecto rolde os 4 millóns de euros. O municipio aportaría o 30%, arredor de 1,2 millóns de euros e o restante cubriríanse coa colaboración da Xunta de Galicia. O goberno local reunirase coa administración autonómica buscando a súa participación.

Dende Poio sinalan a importancia de realizar esta intervención nun núcleo moi importante para vila, pola xente que vive nesa zona e porque por esa estrada transitan cada día máis de 20 mil vehículos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí