NOIA> Para o BNG son moitas as razóns que levan a participar este domingo en Santiago na mobilización convocada baixo o lema ‘Non é unha crise de prezos, é unha estafa’ que partirá dende a Alameda ás doce da mañá.
Dende a formación insisten na necesidade de afrontar propostas e medidas urxentes para paliar esta crise, entre as que sinalan o incremento da presión fiscal sobre os que máis teñen, a suba das pensións e os soldos máis baixos, así como a aposta por unha tarifa eléctrica galega.
O BNG ten previsto fletar varios autocares para desprazarse o domingo a Compostela, que saírán dende Muros, Noia e tamén Barbanza.