O concello da Pobra preto de acadar o saneamento integral

    pospobra_110408.jpgA POBRA > O concello da Pobra presentou as actuacións que se financiarán a través do plan provincial de obras e servizos 2008.

    Cun orzamento de 93 mil euros e un prazo de execución estimado en tres meses levanranse a cabo traballos de instalación da rede de saneamento e a construcción dun pozo de bombeo na aldea da Raña, unha das actuacións máis importantes comprendidas dentro deste POS 2008 que permitirá completar o saneamento no lugar da Crocha.

    Saneamento no Xobre

    Unha actuación similar terá lugar en Pedriña, Costa e Lombiña, na parroquia do Xobre. A rede de abastacemento e saneamento proxectada nestes núcleos esta presupostada en 59 mil 800 euros. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras anunciou que grazas a esta actuación, calcúlase que xa se instalou máis do 80% da rede de saneamento na parroquia do Xobre e que noutros núcleos rurais se está preto de conseguir esta porcentaxe.

    {flowplayer}barbanza/pospobra.flv{/flowplayer}

    Por isto, o concello realizará un estudo detallado de zonas para determinar os tramos da rede que aínda quedan por instalar en todo o municipio.

    Mellora de alumeado público

    O Plan de Obras e Servizos da Pobra tamen incluirá a mellora do alumeado público dende o lugar de Caíños ata Xunqueiras. Esta actuación, prevista en dous tramos e orzamentada en preto de 60 mil euros, consistirá na substitución das luminarias por outras con mellor calidade de luz e de baixo rendemento enerxético.

    Deste xeito, o POS 2008 da Pobra ascederá a máis de 213 mil euros, dos que preto do 95% será a aportados pola Deputación de A Coruña e a contía restante sairá das arcas municipais.

     

    Redacción Barbanza