Presentan a XXXIV Regata Mar de Finisterre-VIII Trofeo Pitusa Sabín

PORTO DO SON> A Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín é, xunto coa Regata Ramiro Carregal, unha das probas enseña do Real Club Náutico de Portosín.

A cita, na que este ano se agarda unha participación próxima ás trinta embarcacións, desenvolverase nunha dobre xornada, sábado e domingo.

Estará aberta ás clases Regata, Cruceiro-Regata, Cruceiro e Open.

Será puntuable para a Copa Galicia de Clubs e clasificatoria para a Final do Campionato de España de Cruceiros, ademais de ser un ano máis, grazas á delegación por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo, puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia.

A Regata será posible tamén grazas ó mecenazgo da familia Hernández-Sabín, que co seu apoio, fan posible poder desenvolver esta proba.

En representación do Concello asistiu tamén á presentación da regata, o edil de Turismo, Manuel Deán, quen destacou a importancia deste tipo de probas de cara a dinamización turística do municipio, e por extensión da comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí