O Trail de Outes achégase xa ós 300 participantes

OUTES> Esta mañá presentábase unha nova edición do Trail de Outes.

A proba, incluída no calendario do circuíto Trail Series organizado por Arousa Natureza e Ocio, terá lugar o domingo 17 de marzo.

Será a segunda, despois da celebrada o pasado mes de xaneiro en Porto do Son.

Como vén sendo xa habitual neste tipo de probas, incluiranse dous circuitos, un longo de 25 quilómetros e outro máis curto de 16, ademais dunha andaina.

Unha das novidades deste ano será novamente o cambio de trazado.

Despois de percorrer anos anteriores as zonas do Freixo e Pontenafonso, a organización decidiu este ano aportar pola Serra.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de probas, non só pola súa vertente deportiva, senón tamén turística co fin de potenciar a ampla riqueza pasaxística e patrimonial do municipio.

Á falla aínda de varios días para o peche das inscricións, será o vindeiro luns día 11, o número de participantes ascende xa a preto dos 300 atletas.

Os interesados poden obter máis información ou inscribirse a través da web: www.trailseries.run.