PORTO DO SON> O futuro colexio de Portosín podería entrar en servizo para o curso 2025-2026. estes son os prazos que manexa o executivo local, inmerso agora no proceso de adquisición dos terreos para poñelos a disposición da Consellería de Educación.
Xa hai acordo con varios propietarios mentres que noutros casos haberá que recorrer á expropiación. Visto o avance das negociacións, o concello confía en poder poñer a disposición da Consellería os terreos para o futuro colexio de Portosín a finais de verán.
A pasada semana, o alcalde mantiña unha xuntanza co Conselleiro de Educación para analizar o estado deste proxecto así como outras necesidades en varios centros educativos do municipio.
Aínda que o mantemento destes centros é competencia do concello, solicitaron axuda á Consellería para axudar a financiar as actuacións máis custosas.











