O concello de Noia incrementa as medidas de seguridade fronte ó Covid

NOIA> Noia incrementará as medidas de seguridade fronte ó covid de cara ó outono. Ademais de coordinar a volta ó cole e a reapertura de instalacións públicas, o concello conta cun sistema de rastrexo e seguimento de casos. O obxectivo é manter a tendencia á baixa de positivos que se veu rexistrando no municipio.

A afluencia de turistas durante o verán non se traduciu nun incremento significativo dos casos de coronavirus en Noia. A tendencia de contaxios mantense estable con poucos positivos, a maior parte de carácter leve.

A intención do executivo é manter esta tendencia e mesmo reducir o número de casos. De aí, as medidas de prevención tomadas na volta ás aulas e a incorporación progresiva a determinados servizos municipais como as instalacións deportivas.

Dende o concello fan un chamamento á responsabilidade individual para poder compaxinar a actividade económica coas normas sanitarias no camiño cara esta nova normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí