A Deputación da Coruña apoia con 25 mil euros ó conservatorio de Noia

NOIA> Acompañada do alcalde, Francisco Pérez, e a edil de Educación, Ana Blanco, a deputada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira, visitou o conservatorio municipal de música Felipe Paz Carbajal.

A visita, na que tamén participou o director do propio conservatorio, Serafín Marcos, serviu para coñecer de primeira man o traballo que se realiza no centro no que se dá formación a un total de 126 alumnos en diferentes especialidades.

A Deputación da Coruña aportou este ano unha axuda de 25 mil euros a este centro, que se suma ás máis de 30 concedidas a outros conservatorios e escolas de música da provincia.

Pola súa banda o alcalde noiés agradeceu o apoio da Deputación, e tamén da Xunta, que coas súas axudas permiten garantir o funcionamento dun servizo moi importante para o municipio e moi querido pola veciñanza.

Aínda así aludiu á necesidade de estudar a súa transferencia destes centros de xestión municipal á Xunta para aliviar os custes financieiros para os concellos.

Ademais de Noia, a Deputación tamén financia as escolas de música de Rianxo, Boiro, Porto do Son e Muros, así como tamén o conservatorio municipal de Ribeira.