Ana Peleteiro proclámase Campioa de Europa en Triplo Salto

RIBEIRA> Ana Peleteiro proclamouse campioa de Europa de triplo salto. A atleta ribeirense acadou a medalla máis importante da súa carreira en Roma, cun salto de 14,85, a dous centímetros da súa mellor marca persoal.

Tras tres primeiros saltos foi no cuarto intento, cando se impuxo á saltadora turca Tugna Danismaz que lograra poñerse por diante cunha marca de 14’57. Tras asegurarse o triunfo, Peleteiro firmou un quinto intento nulo e pechou a competición cun último salto de 14,47. A saltadora barbanzá conseguía así a primeira medalla de ouro para España nos Europeos de Atletismo.

Esta victoria non fai máis que confirmar o bo estado en que se atopa a atleta que mira xa cara os Xogos Olímpicos de París coa firme intención de proclamarse campioa olímpica.