Pontecesures volve mirar cara ao río co proxecto de recuperación da contorna do Mercado

PONTECESURES> Pontecesures volve mirar cara ao río co proxecto de recuperación da contorna do Mercado. Trátase dunha actuación de humanización que mudou por compoleto esa zona. Tivo un investimento de 400.000 euros, financiados a través de dous plans da Deputación de Pontevedra. Esta mañá, na compaña do alcalde, a presidenta provincial supervisou o resultado deses traballos.

Un proxecto que abre Pontecesures ao río e que pon en valor a contorna do Mercado Municipal. Con 400.000 euros , actuouse sobre 3.000 metros, coa creación de zonas de lecer, espazos para peóns e ciclistas e a renovación do alumeado. Trátase dunha ambiciosa actuación impulsada polo goberno local e financiada a través do do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A presidenda de Deputación visitou esta mañá a zona para comproba-lo resultado do proxecto. Carmela Silva entende que servirá agora de exemplo a outros moitos municipios da provincia.

Silva animou tamén ao alcalde a seguir impulsando novos proxectos transformadores. O rexedor tomoulle a palabra avanzando a seguinte actuación que teñen en mente, desta volta con fondos do Plan ReacPon da Deputación. Trátase da mellora da mobilidade entre a zona dos colexios e o núcleo urbano.

O alcalde recoñeceu que ambos son proxectos ambiciosos e arriscados, pero que implican cambios substanciais na vida dos veciños.