Os orzamentos de Rianxo, aprobados automaticamente un mes despois de que o pleno rexeitara a cuestión de confianza

RIANXO> Transcorrido o prazo dun mes trala cuestión de confianza plantexada polo goberno rianxeiro sen que a oposición impulsase unha moción de censura, os orzamentos quedan aprobados inicialmente. Dende o executivo agardan comezar a traballar con normalidade superando a situación de bloqueo que supoñía seguir coas contas prorrogadas.

Un mes despois do pleno no que a corporación rianxeira rexeitou a cuestión de confianza plantexada polo goberno, a oposición non presentou candidatura alternativa para unha posible moción de censura. Quedan entón automaticamente aprobados os orzamentos. O alcalde entende que a aprobación das contas permitirá devolver certa normalidade ó concello que viña traballando cos orzamentos prorrogados dende 2021.

Con respecto á escasa capacidade de diálogo de que lle acusa a oposición, Julián Bustelo defende que o goberno buscou en todo momento o consenso co resto dos grupos tanto na aprobación dos orzamentos como noutras cuestións de interese municipal.

Superado a situación de bloqueo, agarda agora que se abra un novo período de diálogo entre os grupos  polo ben de tódolos rianxeiros.