A Pobra reunirá ós seus maiores nun xantar de confraternidade o 25 de outubro

A POBRA> A Pobra celebrará o vindeiro 25 de outubro o xantar da tarceira idade. Na cita, que se desenvolverá como é habitual no pavillón de Venecia, prevese reunir a unhas 750 persoas.  O prezo das entradas será de 18 euros, que poderán retirarse a partir do día 7.

A concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, deu a coñecer esta mañá os detalles desta celebración, un habitual xa no outono da localidade, e que terá lugar o venres 25 deste mes de outubro a partir das dúas da tarde no polideportivo Venecia. Como nas últimas edicións, encargarase da organización do xantar o grupo Chicolino, empresa que resultou adxudicataria do concurso.

O prezo do menú este ano será de 18 euros, e as invitacións para poder asistir ó convite poderán retirarse a partir do día 7 no propio Concello.

Dende o Concello, que reservou mesa para para unhas 750 persoas, quixeron agradecer tamén a achega económica aportada por varias empresas da localidade que colaboran para que o xantar poida celebrarse.