O IES Pobra e o colexio de Cadreche suspenden os clases por mor das incidencias da borrasca Herminia

A POBRA>  O Barbanza está a rexistrar numerosas incidencias ó paso desta borrasca. O IES Pobra e o colexio Pilar Maestú Sierra, da mesma localidade, víronse obrigados a suspender as clases nesta xornada.

No primeiro, os alumnos non chegaron a acudir ó centro tralo desprendemento dunhas pranchas de pladur nun dos corredores. O colexio de Cadreche resultou tamén afectado ó caer sobre a zona de acceso ó recinto varias pranchas desprendidas da cuberta da grada do campo de fútbol.

O suceso produciuse xa en horario lectivo polo que a dirección do centro deu aviso ás familias para que recolleran ós alumnos co fin de minimizar riscos. A previsión nos dous centros educativos é que as clases se retomen mañá con normalidade aínda a decisión dependerá finalmente da Consellería de Educación.