NOIA> A crise aberta no seo do goberno de Noia coa marcha do concelleiro Luís Alamancos obrigou a reestruturar as distintas áreas do executivo. O grupo popular xa mantivo unha xuntanza cos concelleiros do NOIA para redefinir as responsabilidades de goberno.
Nunha clara demostración de cohesión, os concelleiros do grupo popular de Noia compareceron xunto co alcalde, Santiago Freire, para explicar as consecuencias da marcha de Luís Alamancos ó grupo mixto. A máis inmediata é a necesidade de reestrututar as áreas de goberno para distribuír as competencias en materia de seguridade e persoal.
Do mesmo xeito, o rexedor referiuse á negativa repercusión derivada da non aprobación dos orzamentos retrasando o pago a provedores, moitos deles pequenos empresarios da localidade.
Tamén o edil Iván Lorenzo tomou a palabra para explicar a súa ausencia do pleno por motivos puntuais desmarcándose por completo da postura de Alamancos ó que acusou de transfuguismo.
Aínda que en minoría, o alcalde expresou a intención do executivo de seguir a gobernar coa máxima implicación e responsabilidade posible











