A Pobra volverá a ofertar as viaxes en veleiro

POBRA> O programa iniciarase este próximo 19 de marzo e prolongarase durante toda a Semana Santa. As viaxes a realizar estarán vinculadas coa Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla. O prezo por persoa será de tan só doce euros.

A concellería de Turismo da Pobra volve a apostar polas viaxes en veleiro. O éxito da iniciativa posta en marcha o pasado outono foi unha das principais razóns que levaron ó Concello a repetir experiencia. Serán en total trece viaxes, a partir do próximo 19 de marzo e tamén durante toda a Semana Santa. A Ruta a realizar será a Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Para poder realizar estas viaxes será necesario reservar con antelación na propia oficina de Turismo xa que a capacidade do veleiro é de dez persoas.

Os prezos serán de doce euros por persoa para adultos e oito para os nenos ata 12 anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí