NOIA>Noia será unha vez máis esta fin de semana o epicentro do boxeo galego coa disputa do Campionato Galego de Boxeo en categoría Junior e Xoven.
Desenvoverase o sábado e o domingo en xornada de tarde no pavillón municipal Agustín Mourís.
Dende o Concello insisten na importancia deste tipo de probas do máis alto nivel competitivo que poñen a Noia no mapa.
Á par do Campionato o sábado, a partir das oito, disputarase tamén unha velada para as categorías elite e neoprofesional na que se incluirán un total de sete combates, entre os que se atopan varios púxiles locais.
Dende a organización quixeron agradecer tamén o apoio do Concello, así como tamén das distintas empresas locais, que coa súa colaboración fan posible celebrar este tipo de probas, animando a asistir ós dous eventos.





