![]()
VILAGARCÍA > Máis de dúas mil persoas participan no Campo de Deporte para Todos en Vilagarcía…
… As actividades desenvolvidas pola Fundación Municipal de Deportes botou a andar o pasado mes de outubro e a gran demanda está a obrigar a ampliar grupos.
O Campo de Deporte para Todos de Vilagarcía está máis que cheo, batendo récords de participación que obriga á Fundación Municipal de Deportes a ampliar moitos dos grupos. O dato máis significativo son os 22 grupos de adultos, con máis de 600 participantes. As actividades das Escolas Deportivas de Base aglutinan outros 22 grupos, e as Escolas Multideportivas, seis. Segundo sinalou Carlos Guerrero, edil de Deportes Vilagarcía, móvense 50 grupos á semana con máis de dúas mil persoas, ‘un esforzo de estructura e organización’ que precisa de 6 técnicos deportivos a tempo completo, un profesor de tai chi e un director de actividades deportivas.
Para o fomento do deporte de base, a fundación conta co apoio de Caixanova. Ademais de financiar infraestructuras como o terceiro marcador de Fontecarmoa, a entidade financeira segue validando o carné fundación. Este ano xa o subscribiron 846 persoas. ‘A parte de colaborar con clubs de élite, Caixanova quere reiterar o seu apoio ó deporte base’, sinalou Javier Villaronga, xefe de zona Caixanova.
Polo que respecta ós equipos e entidades que fomentan o deporte federado, o Concello lembrou hoxe que ten reservados 95 mil euros. As bases xa saíron publicadas no BOP este luns polo que o prazo para presentar solicitudes remata o día 19. O pago das achegas farase na Décima Festa do Deporte, para a que se barallan as datas do 9 de febreiro ou 2 de marzo.
Redacción Salnés






