25 locais de Ribeira e A Pobra súmanse á 3ª Ruta de Tapas co Lirio

RIBEIRA> 25 locais hostaleiros participan na Ruta de Tapas co Lirio de Ribeira que se desenvolverá este sábado día 2. O obxectivo é poñer en valor unha das principais especies da lonxa ribeirense que supón o 60 por cento das capturas que se descargan no porto barbanzán.

En empanada, salpicón, rebozado, en escabeche…e así ata o un total de 25 receitas.  A versatilidade do lirio convérteo na especie ideal para protagonizar unha ruta de tapas á que este ano se sumaron hostaleiros de Ribeira e A Pobra.

Nesta terceira edición, a cooperativa de Ribeira segue a poñer en valor a principal especie da lonxa ribeirense, que supón o 60 por cento das descargas e o recurso do que depende a flota do arrastre.

As tapas serán de balde. Poderán degustarse nos 25 locais durante o sábado tanto a mediodía como polo noite.  A cooperativa estima que se servirán uns cen quilos de lirio xa fileteado.