RIBEIRA> O complexo deportivo da Fieiteira volverá a acoller a final galega do ‘Nada e Corre’. Organizada polo Club Natación Ribeira e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno, a proba terá lugar o vindeiro domingo 14 de decembro, a partir das dez da mañá.
Nela tomarán parte ó redor duns 160 participantes, dos que aproximadamente uns quince serán do propio Club, chegados de Barbanza, Ourense e Pontevedra, en categorías dende prebenxamíns a cadetes.
Dende o Club destacaron a importancia de poder acoller esta proba por terceiro ano consecutivo.
Para o Concello, o evento representa tamén unha oportunidade de disfrutar dunha competición de base de alto nivel, na que tomarán parte os mellores nadadores da Comunidade.











