NOIA> O salón de plenos noiés acollía hai uns días a recepción oficial ós integrantes do Club ITF, trala súa participación, na localidade inglesa de Hatfield, no Campionato de Europa da ITF Unión.
A delegación do club noiés, que formaba parte do combinado nacional, estivo formada por un total de 17 loitadores.
A recepción no Concello estivo presidida polo alcalde, Santiago Freire, e contou coa participación tamén da práctica todalidade dos membros do equipo de goberno, incluido o edil de Deportes, Santi Rodríguez.
No acto, as autoridades locais destacaron os éxitos acadados polo Club neste Campionato, con numerosas medallas de ouro, contribuindo tamén en gran medida, coa súa participación, que o equipo español resultase gañador nas categorías junior masculina e feminina e na senior masculina.







