RIBADUMIA> Ribadumia vai acoller un torneo internacional de fútbol base infantil. A proba busca fomenta-lo deporte de base, ó tempo que se incentiva o turismo na comarca. Calcúlase que no campionato van participar máis de 1.300 xogadores procedentes de distintos países.
O Torneo Internacional de Fútbol Infantil ‘Copa Ribadumia’ traerá á localidade a 75 equipos e 1.300 xogados procedentes de varios países. O torneo benxamín para rapaces nados no 2009 celebrarase entre o 14 e 16 de xuño. A categoría infantil, para nenos que naceron no 2005, terá lugar unha semana despois, entre o 21 e 23 de xuño.
A cita convertese nun auténtico polo de visitantes e turistas á comarca e, por suposto, a Ribadumia.
Dende o Concello tamén celebran a promoción do deporte base local que vai supor esta cita internacional.