Éxito do Plan Integrado de Emprego de Ribeira cun índice de inserción do 46%

RIBEIRA> Clausurado con éxito o Plan Integrado de Emprego promovido polo concello de Ribeira. Máis dun cento de persoas participaron destes itinerarios formativos especializados que tiveron como resultado preto do 50 por cento de inserción laboral.

Máis dun cento de persoas participaron no primeiro obradoiro de emprego que promove o concello de Ribeira co apoio da Xunta de Galicia e do Sistema Público de Emprego.

O obxectivo desta iniciativa, clausurada hoxe, era proporcionar itinerarios formativos individualizados para mellorar a empregabilidade dos participantes.

As cifras avalan os bos resultados cun índice de inserción laboral do 46 por cento, por riba do obxectivo inicial fixado nun 35.