Os líderes das principais organizacións empresariais chinesas en España, embaixadores do Salnés

O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés recibe a representantes das principais organizacións empresariais chinesas en España. Ao longo destes días percorreron as primeiras etapas da Ruta do Padre Sarmiento, ademais, con fins solidarios a prol dos afectados pola DINA de Valencia. A visita permite tamén fortalecer os lazos de cooperación entre o organismo comarcal e o empresariado chinés, abrindo camiño para futuras oportunidades de colaboración. Esta mañá, ademais, os tres líderes das principais asociacións foron nomeados embaixadores de honra da comarca do Salnés.

O Salnés segue tecendo lazos coa China. Estes día un grupo de representantes das principais organizacións empresariais chinesas en España percorreu as primeiras etapas da Ruta do Padre Sarmiento, ademais, con fins solidarios a prol dos afectados pola DINA de Valencia. Unha iniciativa que vai na liña de seguir estrentando os lazos de cooperación entre ambos territorios, dende o punto de vista cultural e tamén económico.

O turismo é un dos eixos de traballo nos que quere traballar a Mancomunidade. Máis aínda cando o xigante asiático se converteu no maior emisor de turistas do mundo, con 130 millóns de emisores ao ano. Boa parte deles, son un perfil máis que axeitado para achegarse ata O Salnés.

Ademais, nestes momentos A China ten tamén o foco posto noutros sectores clave da nosa economía: o viño e as conservas. Os empresarios chineses amósanse máis que dispostos a seguir avanzando neses vínculos comerciais para abrir novos mercados con España.

No marco desta visita, a Mancomunidade aproveitou para nomear embaixadores de honra da comarca do Salnés aos líderes das principais organizacións comerciais chinesas asentadas en España.