M. Ángel Iglesias: ‘O marisqueo está en caída libre’

RIANXO> 20 quilos de xapónica, un e medio de fina e catro de berberecho. Cantidades irrisorias para unha xornada de apertura de campaña nas súas concesións.

Estes días apenas dez embarcacións están a saír a traballar, cando en anos bos eran sobre 150.

A situación é segundo el catastrófica.

O patrón maior rianxeiro xa solicitou unha reunión co resto de patrón maiores da Ría para tratar de analizar unha vez máis esta situación, e tratar de buscarlle unha solución definitiva a esta merma da produtividade da Ría.

Ante esta situación, as expectativas de aguantar a campaña ata o verán, antóllase complicadas…