Ecoloxistas en Acción denuncia ante a ONU o ‘acoso xudicial’ por parte da mineira de San Finx

LOUSAME> Ecoloxistas en Acción denuncia ante a ONU á empresa concesionaria da mina de San Finx polo uso de denuncias abusivas e infundadas. A firma australiana querelouse contra a organización ecoloxista por un acto simbólico no que varios activistas procederon a taponar a tubaxe pola que verten as augas da mina.

Ecoloxistas en Acción vén de poñer en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos o uso sistemático de denuncias abusivas e infundadas por parte da empresa mineira de San Finx, Tungsten San Finx SL. Sosteñen que a firma está a presentar denuncias con afán intimidatorio contra as organizacións ecoloxistas e sociais que veñen denunciando a situación ilegal da explotación e os danos ambientais que causan as súas verteduras, a tan só 7 quilómetros da ría de Muros e Noia.

A última destas denuncias foi unha querela presentada contra Ecoloxistas en Acción por un acto simóblico desenvolvido o pasado 5 de xullo no que activistas da organización taponaron durnate uns minutos a tubaxe pola que verten as augas residuais da mina. O Xulghado de Instrucción Número 2 de Noia abriu dilixencias chamando a declarar a un representante da entidade.

É a segunda vez en menos dun ano que o grupo australiano presenta unha denuncia contra Ecoloxistas en Acción, que xa fora denunciada en 2022 ante o Xulgado de Negreira baixo un pretexto similar, meses antes de que a Xunta declarara a caducidade das concesións mineiras e de que se iniciase un procedemento sancionador por verteduras ilegais contra a mina de Santa Comba.

Daquela, o Xulgado arquivou a demanda de inmediato por carecer de fundamento. Aínda que desde a organización ecoloxista confían que o resultado desta volta será idéntico, decidiron denunciar o caso ante a relatora especial da ONU por tratarse, din, dun uso sistemático do acoso xudicial tentando criminalizar e coartar os movementos sociais para que non denuncien as ilegalidades cometidas polas empresas. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí