LOUSAME> Tralo compromiso da Xunta de asumir o 60 por cento da suba do canon de SOGAMA, a Mancomunidade Serra do Barbanza demanda o mesmo trato. Piden que se subvencione tamén parte das taxas ós concellos integrantes que envían os seus residuos á planta de compostaxe de Servia en Lousame.
As reaccións ó anuncio da Xunta de asumir o 60 por cento da suba do canon de SOGAMA non se fixo agardar. Dende o BNG reclaman o mesmo trato para tódolos concellos polo que reclaman tamén que se subvencione parte das taxas para os municipios que optan por outro modelo. É o caso da Serra do Barbanza na que se integran nove concellos que xestionan os seus residuos na planta de compostaxe de Servia, situada en Lousame.
Na xunta xeral celebrada a pasada tarde, o representante do BNG instou á entidade a demandar da Xunta un trato igualitario e non discriminatorio para os concellos que apostan por este modelo, máis sostible dende o punto de vista económico e medioambiental.










