A Deputación da Coruña celebrará o Día da Biblioteca con múltiples actividades

A CORUÑA> A Biblioteca Provincial celebrará este venres o Día da Biblioteca con actividades para todas as idades. Entre elas destacan os selfies que se promoverán para que a xente se saque fotos xunto aos seus libros, revistas ou xornais. Entre todos os participantes se sorteará un lote de material da biblioteca e se fará un collage coas fotos presentadas. Os candidatos poden elixir sacar a foto na rúa, no seu espazo favorito, ou no photocall que a biblioteca habilitará para tal ocasión. As fotos poderán tamén colgarse en Twitter co hastag #selfiebd. Pola tarde está previsto celebrar un obradoiro no vestíbulo do centro no que os participantes realizarán postais móbiles con algunhas das personaxes favoritas dos libros como Mafalda, La gallina Cocorina, Caperucita… O taller será de 18.00 a 20.00 horas e a entrada é libre. Co obxectivo de dar a coñecer os fondos do centro, ademais de expositores na entrada cunha mostra das obras máis significativas das once bibliotecas persoais que hai nas instalacións, tamén se organizarán visitas guiadas ás mesmas. Haberá unha quenda ás 12.30 horas e outra ás 19.00 horas pero é preciso inscribirse previamente a través do 981 080 316 o en biblioteca.info@dicoruna.es. E para completar as actividades, un ano máis, o persoal do centro sacará os libros e outros materiais á rúa presentar aos transeúntes os servizos. Ademais se poderá visualizar o vídeo sobre as bibliotecas persoais na canle de Youtube.