BOIRO> Uns 250 alumnos de 7 e 8 anos foron obxecto do programa de cribado visual que levou a cabo a Facultade de Óptica e Optometría da USC en Boiro.
Unha quincena de profesionais traballaron nos distintos centros educativos do municipio avaliando as capacidades visuais dos cativos a través de probas homologadas.
Concluíron que un 25 por cento do alumnado presenta algunha deficiencia da visión.
A importancia deste programa reside no diagnóstico temperá de calquera alteración na visión dos pequenos que, de non tratarse, pode derivar en problemas de aprendizaxe.
Este cribado realizouse no marco do proxecto EnClave que promove anualmente o concello de Boiro para mellorar a calidade educativa dende distintos eidos relacionados coa sáude.
As familias dos nenos que non pasaron o cribado recibiron un informe coas alteracións que presentan para a realización dun exame visual completo que se pode levar a cabo no Servizo de Optometría da USC.











