A POBRA> Sumar levará ó Congreso a problemática dos vertidos da Ribeiriña na Pobra. Ademais de presentar unha pregunta sobre as medidas previstas por Medio Ambiente para acabar coas filtracións solicitarán tamén unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Medio Ambiente para abordar o futuro da antiga nave de Hadasa.
A problemática dos vertidos na Ribeiriña chegará ó Congreso da man de Sumar. O grupo parlamentario presentará unha pregunta sobre a orixe dos vertidos e as medidas a adoptar para erradicalos. Ademais da vía parlamentaria, Sumar tamén fará valer as súas competencias no goberno para reunirse co secretario de estado de Medio Ambiente e abordar o futuro da antiga nave de Hadasa.
O edil de Medio Ambiente na Pobra e representante do movemento Sumar na comarca insta ó Ministerio de Medio Ambiente a axilizar os estudos para determinar a orixe concreta das filtracións posto que o concello non ten capacidade.
Dende SUMAR consideran prioritario dar solución a este grave problema medioamntel antes de que se faga efectivo o traspaso de competencias para a xestión do litoral.











