‘Khora’, de Jose Luis Baños, gañadora do primeiro Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación

PONTEVEDRA> Jose Luis Baños de Cos, coa súa obra ‘Khora’ é o gañador do primeiro Premio Castelao de Textos Teatrais que impulsa a Deputación de Pontevedra. O xurado, encabezado polo presidente provicial, escolleu por unanimidade esta obra entre as 43 candidatas, pola súa temática social e a axilidade na súa estrutura. Luis López aproveitou o anuncio para avanzar que haberá unha nova convocatoria para entregar neste ano 2026 o seu segundo Premio Castelao.

Este era o momento no que o presidente da Deputación de Pontevedra anunciaba o gañador da primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais que impulsa o organismo provincial. A obra foi elixida por unanimidade entre as 43 finalistas por un xurado encabezado polo propio presidente provincial e integrado por cinco persoas de recoñecido prestixio e traxectoria en diferentes ámbitos da cultura e o ensino.

O premio está dotado con 12.000 euros. O certame busca promover o uso da lingua galega, ao tempo que se apoia ao sector da cultura, en concreto ao teatro.

Un premio que, ademais, se enmarca nos actos que organiza a Deputación coincindo coa conmemoración do 75 aniversario de Castelo.

Ademais, o presidente avanzou que estes premios terán continuidade este ano: xa está en marcha a tramitación dunha nova convocatoria para organizar e entregar neste 2026 o segundo Premio Castelao de Textos Teatrais.