A Pobra recupera este ano o Festival EntreBateas

POBRA> Os afeccionados ó metal e o rock and roll teñen xa unha cita marcada no seu calendario festivaleiro coa volta do EntreBateas. Será os días 2 e 3 de setembro, na praza Alcalde Segundo Durán.

Como cabezas de carteis Soziedad Alkoholika e Heredeiros da Crus. A banda barbanzá volverá actuar na Pobra, despois de vinte anos sen facelo.

Xunto a estas dúas míticas bandas, outros grupos importantes Hybrid Park, Golpe Radikal ou Agoraphobia.

Dende o Concello, que colabora na organización do Festival, destacaron a importancia desta cita, para a que se prevén tamén actividades complementarias.

As entradas poderanse adquirir a través da páxina web www.entrebateas.com, a partir de mañá xoves 5 de maio. O bono para os dous días terá un custo de 20 euros coa oferta de lanzamento. A partir do 18 de maio, o prezo será xa de 30 euros.