Falece un home en Meis tras unha intoxicación por monóxido

MEIS> Falece un home en Meis tras unha intoxicación por monóxido. O suceso produciuse na Avenida do Médico Paz García arredor das 08:45 horas. A vítima fora revisar un xerador e foi atopada inconsciente.

Unha persoa deu aviso aos efectivos de emerxencia, solicitando asistencia sanitaria urxente para un home que presentaba síntomas de intoxicación. Tras recibir o aviso, o 112 Galicia mobilizou ao 061, á Garda Civil e aos Bombeiros de Ribadumia.

Malia a rápida intervención dos equipos de emerxencias, non foi posible salvarlle a vida ao home.