Os drons xa controlan a ocupación das praias de Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo bota man da tecnoloxía para garantir a seguridade este verán. Catro drons sobrevoarán as 17 praias con bandeira azul para ofrecer información actualizada do seu nivel de ocupación. A Policía Local empregará estes datos para regular o acceso, e os usuarios poderán consultalos a través da páxina web municipal. Dende o concello xa pensan noutras aplicacións para esta ferramenta, como o control do tráfico ou da marcha nocturna.

Os drons converteranse nun elemento máis da paisaxe das praias de Sanxenxo durante o verán. O concello manterá un control exhaustivo e en tempo real dos seus 17 areais con bandeira azul, para regular a ocupación e garantir a seguridade sanitaria.

A Policía Local será a encargada de pilotar estes drons, empregando os datos para regular o acceso ás praias dos usuarios. Ademais, a información estarán dispoñible na web playasdesanxenxo.org.

A aposta do concello por este sistema é decidida. De feito, non desbotan empregar esta tecnoloxía noutros eidos, como o control do tráfico ou da marcha nocturna.

Os drons poderán contar as persoas nun espazo público e medir as distancias entre elas cunha marxe de erro de entre un 5 e un 10%. Nas praias, este labor reforzarase cos informadores que están en horario de mañá e tarde, recordando aos usuarios a obrigatoriedade das máscaras nos paseos pola beiramar e a distancia de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí