CAMBADOS> O Francisco Asorey de Cambados presenta o libro de poesía “Cambados Mar de letras”. Nace despois do I concurso de poesía e relato curto levado a cabo polo instituto o curso pasado. Entre as obras seleccionadas atópanse as de seis alumnos do Asorey.
Dende o 17 de Maio ata o 20 de Outubro de 2018 o instituto Francisco Asorey convocou o primeiro concurso de poesía e relato curto. O 9 de Novembro e en honra a Ramón Cabanillas entregou os premios ós gañadores do concurso e finalmente cas obras seleccionadas publica o libro “Cambados Mar de letras”.
Para que este proxecto se levase a cabo o instituto necesitou a axuda do Concello de Cambados. Dende o goberno local valoraron a iniciativa do centro.
Os alumnos seleccionados mostraron a súa alegría pola oportunidade recibida.
O libro non está a venta pero todo aquel interesado poderá poñerse en contacto co Francisco Asorey. Ademais o vindeiro 17 de Maio comezará o II concurso.