O albariño Rías Baixas volverá conquistar Vitoria do 20 ao 22 de xuño

CAMBADOS> Os días 20, 21 e 22 de xuño o albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas lanzarase á conquista do País Vasco. Concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés e Centro Galego de Vitoria repiten coa Festa do Albariño de Vitoria; unha segunda edición que durará unha xornada máis.

A Festa do Albariño de Vitoria terá segunda edición. Será os días 20, 21 e 22 de xuño, confirmando o éxito dunha proposta que chegou para quedar.

Tal foi a acollida que nesta segunda edición a festa amplíase unha xornada máis. Iso si, non faltará na programación a Ruta do Albariño polos bares de Vitoria-Gasteiz.

Na organización da cita é fundamental a colaboración do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz. Tamén a implicación da Mancomunidade do Salnés que ve neste evento unha oportunidade de promocionar a comarca a nivel turístico.

Na presentación de hoxe tamén se fixo entrega dos diplomas ás adegas gañadoras da edición do ano pasado. Foron Lagar da Cachada, Vionta e Santiago Roma.