VILANOVA> A cultura cobra protagonismo en Vilanova coa posta en marcha do novo bar confraría. Un grupo de mozos da vila reforma o histórico local para convertelo nun establecemento onde a música e a arte teñen un espazo relevante. O establecemento conta todas as semanas con algún evento cultural.
Un dos bares históricos de Vilanova vive dende hai pouco unha nova xuventude. Un grupo de mozos da vila, Xocas, David e Nolo, renovaron o antigo local Casa do Mar para convertelo nun espazo cultural referente non só en Vilanova se no en toda a comarca.
A diferencia de noutros locais, a Confraría é unha taberna cultura. Un espazo onde a música e a arte son as protagonistas.
Os mozos tiveron a idea de crear o seu propio local durante o confinamento. E a pesar das restricións e das complicacións da pandemia non se votaron atrás. Con ilusión e ganas, a Confraría comezou a súa andadura en setembro.
Conscientes da filosofía que queren que teña o seu establecemento, a Confraría non conta nin con máquinas de apostas nin comecartos. O que buscan é un local onde de encontro para a xente de Vilanova, e especialmente para os máis mozos.
Ademais de dar vida ao seu sono, tamén contribuíron á creación de postos de traballo, xa que contan cun equipo formado por catro camareiros máis os extras das fins de semana. Os mozos móstranse moi contentos coa acollida da confraría e a resposta dos clientes. Prometen moito traballo e programación para aumentar o goce dos seus parroquianos.