BOIRO> O concello de Boiro deseñou un amplo programa cultural para conmemorar o Día de Rosalía. Ademais de teatro e unha mesa redonda sobre a narrativa da escritora, organizarase unha visita á casa museo de Rosalía en Padrón.
O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Dende o concello de Boiro son moitas as actividades programadas ó longo de todo o mes para celebrar esta efeméride. Ademais do teatro para escolares que se celebrará os días 22 e 23, ese mesma xornada pola tarde haberá unha mesa redonda sobre a autora.
O concello colaborará ademais coa Fundación Rosalía na presentación da publicación Folas Novas, un volume anual monográfico sobre a escritora. Tamén se ofertará unha visita para familias ás instalacións da casa museo en Padrón.
Paralelamente, o persoal do departamento de Cultura realizou un vídeo para difundir en redes sociais no que veciños de Boiro dan lectura a fragmentos da obra da escritora.











